TEMA 5: PUNTO 10

SOCIALIZACIÓN E CULTURA  DOS PRIMEIROS HUMANOS

ACTIVIDADES

1. Como foi a evolución social dos homínidos desde as súas orixes ata a actualidade?

  • Os homínidos organizaron as primitivas sociedades impoñendo normas e conductas. Dividiron o traballo entre grupos de homes ou de homes e mulleres. A unión do grupo era fundamental para ter éxito na prolongación da vida dos individuos.

2. Como condicionou o lume a evolución dos homínidos?

  • Grazas ao lume poideron conservar a calor, iluminarse na noite, escorrentar aos animais perigosos e evitar os insectos. Tamén servía para asar a carne  e así cociñar os alimentos.

3. Que papel desempregaron as mulleres na organización social dos primeiros humanos?

  • As mulleres foron moi importantes na organización social. Ademáis de coidar dos fillos ocupábanse de labores domésticos e de conservar e mellorar o habitat. Tamén facían traballos de carrexo e recolección, colaboraban na cza e transmitían as ensinanzas aos nenos.



4. Que diferenzas existen entre o habitat do Homo sapiens en Europa Central e no Norte de España e Oeste e Sur de Francia?

  • En España e Francia habitaron repetidamente en covas e en Europa Central establecéronse en campamentos de cabanas fabricadas con peles e ósos de animais cazados: renos e mamuts.




5. Con que especie de homínido relacionarías as machadas bifaces e que utilidade tiveron?

  • Relacionaríaas co Homo erectus, eran multiusos, podíanse utilizar para realizar diversas tarefas. 









Comentarios

Entradas populares de este blog

TEMA 2: A CLONACIÓN E AS SÚAS PROPIEDADES

TEMA 2: O CICLO DE VIDA DA CÉLULA

TEMA 7: PUNTO 6: SUCESIÓNS ECOLÓXICAS